Cerceda: Natureza, deporte, auga.

Aquapark
Comentarios desactivados en Cerceda: Natureza, deporte, auga.

Desde o Aquapark de Cerceda nunca nos cansamos de poñer en valor as marabillas da contorna que nos rodea. Cerceda é un lugar especial, verde, cheo de Natureza e coidado con mimo polos seus veciños e veciñas. Nesta entrada propoñémonos destacar tres elementos, Natureza, Deporte e Auga que son unha parte importante do noso concello e da nosa maneira de ser.

Deporte

deporte-cerceda
Si, aquí somos potencia e estamos moi orgullosos. Temos varios equipos deportivos que son auténticas referencias das súas categorías, con xogadores locais de primeiro nivel, con mimo desde a base. O Centro Cultural e Deportivo Cerceda, fundado en 1968, milita na Terceira División. A camiseta do equipo é branca e vermella, como a do Athletic Club, equipo moi laureado nos anos 60 e referencia para moitos veciños do noso Concello por aquel entón. Outro histórico é o CP. Cerceda, un clásico da Primeira División de Hockey os últimos anos. Uns verdadeiros campións. Tamén en Cerceda gusta moito o baloncesto, e para os nosos afeccionados temos un partidazo o próximo 4 de Setembro entre o O Porto e o Obradoiro, o referente galego na ACB, no pavillón Fernando González Laxe.

Auga

naturaleza-cerceda
Hai pouco contabámosvos 10 cousas sobre á auga que se cadra non sabías, onde vos explicabamos por que a auga é o centro de todo no Aquapark de Cerceda: é a clave das nosas instalacións e da vosa diversión. Ademais, no noso concello podemos gozar de espléndidos ríos, que son os grandes protagonistas articuladores de Cerceda, entre os que destacan o Barcés e o Lengüelle, que percorren a súa xeografía creando sinuosos vales e pintando de verde os nosos paisaxe. Contamos ademais cunha inmensa riqueza de muíños de auga, sobresaíndo o Muíño de Guillín, que dispón dunha caída de auga que non che podes perder. Cerceda é un puntal do País dos Mil Ríos.

Natureza

cerceda
Cerceda é Natureza, imos repasar o que non che podes perder se vés visitarnos ao Aquapark de Cerceda e queres ampliar a xornada na nosa contorna. A Serra de Montemaior é un das paisaxes máis fermosas e espectaculares que nos rodean. Esta aliñación montañosa de natureza granítica prolóngase polas parroquias dos nosos veciños de Soutullo e Montemaior (A Laracha) e Rodís e Xesteda (Cerceda), cunha altitude superior ao 400 m. Dous importantes picos son o Monte Xalo e Monte do Castelo, se sobes terás unha panorámica impresionante de Cerceda.

Hai unha ruta Meirama-Monte Xalo-Meirama moi recomendable e que pasamos a describirche a continuación, é a PR-G130. A ruta empeza a escasos metros da Igrexa de Santo André, que é románica, alcanzando a aldea de Ou Castelo onde se inicia un camiño que ascende cara á ladeira sur do Monte Xalo.Poida que durante o percorrido crúcesche con raposos, coellos, ardillas, ourizos ou  visóns. Ademais pódense ver unha gran variedade de aves migratorias que pairan nos distintos humidais como patos, ánades, garzas ou cisnes.

Como viches, ademais da obrigatoria visita ao Aquapark de Cerceda, o único parque acuático existente en Galicia e todo un referente no noso país, son numerosas as actividades que podes facer no noso Concello, esperámosche!