CÓMO CHEGAR |
O Aquapark de Cerceda está situado a medio camiño entre A Coruña e Santiago de Compostela,
a 1 quilómetro da zona urbana do municipio de Cerceda, na comarca de Ordes.
EN AUTOMÓBIL A principal vía de acceso a Cerceda é a autoestrada AC-400 que vai de Sigrás a Muros. Para chegar dende A Coruña, o mellor é facelo a través da Autovía do Noroeste A-6 ou a través da Terceira Ronda AC-14 para despois sair en dirección Ledoño (Culleredo) e tomar a carretera AC-523 para acceder a AC-400 dirección Cerceda. Cando xa nos atopemos en Cerceda- centro pobo- chegaremos ao cruce do colexio O Cruce, ao pasar a gasolinera, e xiramos a esquerda en dirección Ordes, e logo de duas rotondas xa veremos o parque acuático. Para chegar dende Santiago, a mellor opción é a autopista do Atlántico AP-9 en dirección A Coruña, ata chegar a saída de Ordes e logo a rotonda (concesionario Citroên) dirección Cerceda AC-524
EN TREN A CORUÑA -CERCEDA-MEIRAMA 10:00; 10:15 13:15 13:30 15:45 16:00 CERCEDA-MEIRAMA- A CORUÑA 17:07 17:21 22:29 22:43 SANTIAGO-CERCEDA-MEIRAMA 11:22 11:43 14:02 14:27 16:44 14:06 CERCEDA-MEIRAMA-SANTIAGO 19:24 19:48 21:20 22:00 Sempre é mellor verificar os horarios de tren, pode facelo a través da páxina web de RENFE ou chamando o 902240202
AUTOBÚS ( Servizo operativo durante o mes de Xullo e Agosto)
Liña de trasporte desde A Coruña até o Aquapark. Para os xóvenes coa tarxeta “Xente Nova” a viaxe será gratuita. As persoas usuarias que non teñan a tarxeta, deben aboar o custo establecido pola empresa que fai a liña, coa tarxeta de trasporte metropolitano o custo é inferior.
|