Cómo chegar

Home Visítanos Cómo chegar

O Aquapark de Cerceda está situado a medio camiño entre A Coruña e Santiago de Compostela, a 1 Quilómetro do casco urbano do municipio de Cerceda, na comarca de Ordes.

Visualizar o mapa ampliado

En automóbil

A principal vía de comunicación e acceso a Cerceda é a estrada AC-400, que vai de Sigrás a Muros.

Para chegar desde A Coruña, o máis axeitado é facelo a través da Autovía do Noroeste A-6 ou a través da Terceira Ronda AC-14 para despois saír en dirección Culleredo/Ledoño e tomar a estrada AC-523 para acceder á AC-400 en dirección Cerceda. Ao chegar alí, deberase xirar á esquerda na rotonda situada fronte ao colexio “O Cruce” en dirección a Ordes pola AC-2405 ou Avenida do Mesón, onde se atopa o parque.

Para chegar desde Santiago, a mellor opción é a autoestrada do Atlántico AP-9 dirección A Coruña/Pontevedra para despois seguir pola N-550 en dirección a Ordes e tomar a estrada AC-524. Tras atravesar Ordes, deberase seguir de novo pola N-550 ata o Mesón do Vento e xirar alí en dirección Cerceda. Posteriormente, continuarase pola estrada de Cerceda e xirarase á esquerda en Lago de Vila da Igrexa para tomar a AC-2405 ou Avenida do Mesón, onde se atopa o parque.

Tanto desde Ordes como desde Cerceda, o camiño que leva ata o Aquapark está sinalizado axeitadamente.

Para os usuarios de GPS: nalgunhas cartografías pode que non apareza Cerceda como destino, nese caso pódese seleccionar Antemil (Cerceda). As coordenadas xeográficas do Aquapark son as seguintes: 43º10’27”N  8º28’13”W.

En Tren

A liña de tren rexional que une A Coruña con Santiago de Compostela conta cun apeadeiro en Cerceda-Meirama, a onde chegan trens procedentes de Compostela e da Coruña.

Os horarios de chegada dos trens son os seguintes:

  • Santiago / Cerceda-Meirama 11.22 –> 11.43.
  • Santiago / Cerceda-Meirama 14.05 –> 14.27.
  • A Coruña / Cerceda-Meirama 13.15 –> 13.30.

Os horarios de saída dende Cerceda son os seguintes

  • Cerceda-Meirama / Santiago  19.24 –> 19.48 (REGIONAL)
  • Cerceda-Meirama / Santiago  21.11 –> 21.30 (MD)

Pódese obter máis información sobre este servizo no teléfono 902 240 202 ou na páxina web oficial de RENFE.

Como chegar desde a estación ao Aquapark?

Hai unha empresa de autobuses (Autos Pallas) que ofrece o servicio de lanzadeira entre a estación de tren  e o parque acuático na tempada de verán nos horarios de chagada dos trens.

+info: 636.557.845