As instalacións nas que se atopa son un parque de atraccións de xogos acuáticos, polo que é da máxima importancia que respecte as normas que se indican:
Non se permitirá o acceso ás instalacións aos menores de 6 anos que non estean acompañados polos pais ou un adulto responsable.
Os nenos menores de 4 anos deben permanecer acompañados dun adulto responsable en todo momento e utilizar o vaso de batuxadas destinado aos máis pequenos.
As atraccións espirotubo, tobogáns grandes e multipista kamikaze, están reservadas a maiores de 18 anos ou estatura superior a 1,40 m.
Nos períodos nos que funcione a piscina de ondas permanecerán pechados o espirotubo, tobogán e multipistas tres rúas.
Non se pode permanecer dentro das piscinas nas que están instaladas as atraccións. Para permanecer dentro da auga usaranse as zonas denominadas vasos de relax ou descanso (piscinas sen atraccións).
Por razóns de seguridade, non está permitido tirarse de cabeza en ningunha das piscinas do parque.
É obrigatorio ducharse antes de entrar nas piscinas.
É obrigatorio, cuestión da seguridade e da hixiene, o uso de chancletas ou calzado de baño nas zonas de vestiario, aseos, cafetería, etc …
Está prohibida a entrada á zona de baño vestido con roupa ou calzado de rúa.
Está prohibido beber, comer e fumar na zona de praia reservada aos bañistas.
Polígono do Acevedo s/n - 15185 Cerceda - A Coruña. 43º10’27”N 8º28’13”W.
Tel. información parque: 682348556 / 981685036 dende as 8:30 ata as 14:00 hras de luns a vernes.